Wednesday 08 de May de 2024

O sábado 16 de marzo, Orquestra de Malabares de Pistacatro Produtora de Soños coa Banda de municipal de Oleiros no auditorio Gabriel García Márquez


O sábado 16 de marzo ás 20:30 horas, o auditorio Gabriel García Márquez de Mera acollerá un espectáculo de novo circo e música: Orquestra de Malabares coa Banda Municipal de Música de Oleiros.

Orquestra de Malabares é un espectáculo de Pistacatro Productora de Soños, dirixido por Pablo Reboleiro; que pon en escena a seis malabaristas e unha banda municipal. Unha relación entre música e circo. Un concerto onde os malabares son os bailaríns deste ballet aéreo. Clarinetes, saxos e trompetas son os pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxan no ar os sentimentos e emocións que transmiten a música e o circo.

A banda municipal de Oleiros e os seus músicos participan case como actores, dun espectáculo teatral tocando temas e estilos fóra do común mesturando nun único espectáculo instrumentos dourados, grandes tambores, pratillos, camisas brancas, uniformes e maxistrais obras clásicas con pantalóns curtos, camisetas, gafas de sol, funk, blues, pop e punk.

As entradas teñen un prezo de 6,00 € e poñeranse á venda o día do concerto no propio auditorio a partir das 19.30 horas (ata completar a capacidade da sala).

Máximo entradas permitido: 5 entradas por persoa.
Duración: 75 min
Público: Todos os públicos
Prezo: 6,00 €